Hotel A Quinta da Auga, máis que un hotel

Hotel A Quinta da Auga

Recén chegada dunha espectacular xornada no Hotel A Quinta da Auga, unha xornada gastronómica con visita o hotel, circuíto spa e masaxe incluído. Unha combinación perfecta, gastronomía e relax! 😀

Despois dunha rápida visita a praza de abastos de Santiago guiados polo chef do hotel, Federico, chegara a hora de ir coñecer o hotel. A verdade nunca estivera nel, pero pareceume un hotel impresionante, tanto pola situación, a carón do río, polo inmenso xardín que ten arredor, como polo trato do persoal.

Un pouco de historia

Gracias a guía que tivemos nesta visita, descubrimos que o edificio data do século XVIII e antes de ser convertido no hotel que hoxe coñecemos foi unha fábrica de papel, non a primeira pero si máis grande de Galicia, que aproveitaba a forza da corrente da auga para facer a pasta de papel, batán de lá, aserradero, fábrica de xeo… en fin, que o edificio foi pasando por distintas ocupacións ata perder a súa actividade nos anos 60. Nos seus ascensores garda imaxes que nos ensiña como se podía haber feito o papel no pasado.

O hotel

Habitaciones y suites A Quinta da Auga

O hotel está rodeado por unha finca de 10.000 metros cadrados o carón do río. Dispón de distintos servizos ademáis do aloxamento, spa, restaurante, cafetería… e cada un deles con entradas independentes. E un sitio donde podes evadirte do mundo, sentarte nalgún banco do seu xardín tomar o sol, ou pasear a carón do río…

Cando entras na recepción unha dase de conta de que se gardan os máis mínimos detalles así como a decoración. Todas as habitacións son distintas, non hai duas iguais, e as suites cos seus 100 metros cadrados son impresionantes!

O spa

spa A Quinta da Auga

Hai dous spas, un privado cunha capacidade de 8 persoas, para familias con nenos (posto que estes non poden ir o outro spa), despedidas de solteiros… pero co mesmo acondicionamento que o grande, desde os chorros ata as saunas. E o spa público, donde poidemos difrutar dun momento de relax. Pero o mellor foi o masaxe que me dou Iria, se vos digo a verdade, esto pode soar mal, deixoume temblando do relaxada que quedei.

Para a próxima vez que necesite un masaxe, en vez de andar buscando por internet, xa teño sitio ao que acudir! 😀

O restaurante

E chegou a hora de comer. Como tiñamos un tempo ideal, comimos na terraza…

Terraza Filigrana A Quinta da Auga

O restaurante, ten o nome de Filigrana, e ¿sabedes por qué? por que así se chama a marca de auga do papel.

O noso menú neste día de visita foi o seguinte:

Empanada de lacón con grelos – Chupito de patatas con pulpo a feira – Croquetas de chopo – Zamburiñas

Entrantes en A Quinta da Auga

Rape a prancha con grelos fritos – Bacalao con costra de pan de broa – Xarrete

Pratos de A Quinta da Auga

E como non, como sempre digo, hai que gardar un sitio para o postre…

Rolo de kataifi con crema e xeado de licor café – Brownie de chocolate – Filloa rechea de arroz con leite

Postres A Quinta da Auga

Creo que me sobra decir que todo estaba delicioso, riquísimo…

Por último, pero quizáis o máis importante, agradecer a amabilidade e simpatía de Luisa, Daniel, María Luisa e Mar e tamén como non, o chef Federico López polos seus sabrosos pratos… 😀

Deixar un comentario