A Rapa das Bestas de Sabucedo

curro

Este ano por primeira vez poiden asistir e disfrutar da rapa das bestas de Sabucedo, a pesares da choiva do primeiro día. Esta festividade foi a primeira en España en ter categoría de Festa de Interese Turístico Nacional, foi alá polo 1965 cando lle outorgaron dita categoría. Pero tamén foi declarada de Festa Interese Turístico Internacional no 2007. En Galicia só hai sete festas declaradas como tal: A Rapa das Bestas de Sabucedo, Corpus Christi en Ponteareas, Semana Santa de Ferrol, Semana Santa de Viveiro, Festival Internacional Mundo Celta de Ortigueira, Festividade do Apóstolo Santiago e a Romaría Viquinga de Catoira.

Seguir lendo

Vila de Cruces, un concello por descubrir

Vila de Cruces

Xa é o segundo ano que vou o concello de Vila de Cruces a pasar un fin de semana a raíz da festa gastronómica do Galo de Curral, por certo, declarada de Interese Turístico nun blogtrip, encontro de bloggers ou como queirades chamararlle, e cada ano descubro algo novo neste concello, un mosteiro, unha ruta, un restaurante… Así como o ano pasado coñecemos o Museo da Minería de Fontao, a área recreativa de A Carixa, na parroquia de Merza e a cooperativa Vicogalo este ano visitamos o taller de Elena Ferro, fixemos unha ruta de senderismo, asistimos a presentación dunha exposición dos cadros de Sara Sánchez Romeu…

Seguir lendo

Xornada #BacalaoRosalia

Grupo #BacalaoRosalia

Este fin de semana volveu a tocar unha nova xornada gastronómica acompañada dun taller para aprender a facer empanadas da man de Rocío, e a verdade é que me pareceu moi interesante, posto que descubrín algúns erros que comete na casa miña nai, é lóxicamente eu mesma, que aprendín dela, o facer a masa da empanada. Logo do taller disfrutamos de distintos pratos de bacallau, croquetas, pementos recheos, gratinado, na empanada… no Hotel Gastronómico Casa Rosalía, situado a dez minutos de Santiago.

Seguir lendo

Xuntanzas con estilo

Pementos do Bierzo

Ten amigos para facer xuntanzas con estilo despois dunha clase de inglés. Bueno, ten distintos grupos para facer cousas distintas con cada un deles, con uns cear fóra e sair, facer rutas de senderismo… pero o caso, é que reunirse un mércores para facer xuntanzas apodadas con nomes terminados en -ada non ten precio. Xa vai unha pulpada, unha chocolatada e unha follada… tiña que ser unha filloada pero o final, foi o que foi… :-p

Seguir lendo