Vila de Cruces, un concello por descubrir

Vila de Cruces

Xa é o segundo ano que vou o concello de Vila de Cruces a pasar un fin de semana a raíz da festa gastronómica do Galo de Curral, por certo, declarada de Interese Turístico nun blogtrip, encontro de bloggers ou como queirades chamararlle, e cada ano descubro algo novo neste concello, un mosteiro, unha ruta, un restaurante… Así como o ano pasado coñecemos o Museo da Minería de Fontao, a área recreativa de A Carixa, na parroquia de Merza e a cooperativa Vicogalo este ano visitamos o taller de Elena Ferro, fixemos unha ruta de senderismo, asistimos a presentación dunha exposición dos cadros de Sara Sánchez Romeu…

Sendeiro das Meigas e da Santa Compaña

Unha ruta diseñada polo arquitecto Luis Niñerola Cornado. Esta ruta comeza na Ermita de Nosa Sra. de “Hoy-Vas”, unha capela que según din “¡Nosa Señora de Hoy-Vas, non quere porta cerrada!”, este dito débese a que despois de que os devotos se foran para casa despois de rezarlle a Virxen, o párroco fechou con chave a porta da capela, pero o cabo dunhas horas a porta estaba aberta. Parece ser que para que os devotos poidan rezarlle e pedirlle favores a Virxen, ésta non quere ningún obstáculo diante da imaxe.

A ruta pasa por 26 puntos de interés, entre igrexas, cruceiros, pazos, fuentes, muiños… e ata un árbol, si… chamado “O Pequeno Matusalén”, así é como o chama Luis, por ser a criatura máis lonxeva da zona. Para cargarse de enerxías sutís, o autor da ruta propón facer un alto neste punto e practicar o seguinte:

pequeno matusalen

– Descansar dez minutos baixo a sombra do árbol. Destapar unha botella de auga e dicirlle cousas bonitas e positivas e logo beber un pouco de auga.
– Abrazar o Pequeno Matusalén, si eres muller dúas veces e se es home tres abrazos.

Taller de zocos e coiro de Elena Ferro

Ninguén que pase pola comarca de Deza debe deixar de visitar este taller. Ideas super orixinais, encantaronme os mini zocos en forma de porquiños, de pulpo ou de estudantes sentados nos pupitres dunha aula…

Elena Ferro

Exposición de cadros de Sara Romeu

Cadros Sara Romeu

Sara é unha muller que pediu unha excedencia no seu traballo para facer o que lle gusta, pintar. Ten un cadro, bueno oito cadros en un, que foi pintando por separado e logo douse de conta que se pintaba dous cadros máis facía un cadro en oito partes… gustoume especialmente tanto pola orixinalidade como polas cores empregadas.

As Illas de Gres

Están localizadas no río Ulla, na parroquia de Gres. Estas islas constituen un fermoso paraxe formado por seis illas, pobladas por carballos. Cinco delas, a Illa de San Ramón, a Illa dos Namorados, a Illa de A Palleta, a Illa de Pachín e a Illa de A praia están unidas entre sí por pasarelas de madeira que permiten o paso entre unha e outra os visitantes.

Por último, aínda que o máis importante, agradecer a Bea o interés e a atención que nos prestou en todo momento e o Concello de Vila de Cruces por, un ano máis, invirtarnos.

Coas imaxes de todos os meus compañeiros e as miñas propias publicadas en instagram aquí tedes este vídeo con algúns momentos realmente divertidos:

Deixar un comentario